Loading Cargando
  • Colaboramos na dirección dos seus proxectos en materia de TICs, con independencia da tecnoloxía, a lóxica do negocio e o estado de desenvolvemento no que estes se atopen.

    Axudamos e dinamizamos servizos Web aplicando metodoloxías que garantan uns protocolos e indicadores comúns a Dirección do proxecto.

    • Protección de datos
    • Adecuación a LSSI
    • Comportamento visual
    • Usabilidade, accesibilidade
    • Validación W3C, WAI-AAA

    Lideramos solucións máis alá da Web en:

    • Estudo de viabilidade e ROI de proxecto de implantación.
    • Estratexia, arquitectura e planificación de proxectos.
    • Consultoría de análises dos procesos actuais.
    • Identificación de requisitos e selección da mellor solución.
    • Dirección de proxecto.
    • Seguimento metodolóxico.
    • Plans de acción.
    • Dinamización de proxectos.
    • Servizos profesionais de consultoría.
  • SEO-Optimización en buscadores.

    Poñemos en práctica distintas estratexias para posicionar os sitios web e favorecer o ascenso ás 
primeiras posicións nos buscadores. Para iso aplicamos unhas fórmulas tendo en conta o código da programación, o deseño web e os contidos. A través de técnicas SEO melloramos o sitio Web para que sexa correctamente indexada e interpretada polos buscadores.

    Consulting e Marketing Online.

    Ofrecemos servizos integrais de Marketing e posicionamento de sitios Web, mediante solucións como:

    • Optimización web
    • Pay per Clic
    • E-Mailing
    • RSS
    • Marketing viral
    • Publicidade online

    Medimos e analizamos todos os aspectos do teu tráfico Web, xerando información obxectiva e veraz, ofrecemos servizos específicos para definición de obxectivos, planificación de estratexias, analizar os resultados e mellorar continuamente o rendemento do teu negocio en Internet.

     

  • Os proxectos e enfoques de traballo que acometemos caracterízanse por unha forte colaboración e implicación cos nosos interlocutores, buscando un acompañamento que asegure a transmisión do coñecemento e do saber-facer.

    Aplicamos como base fundamental os seguintes valores:

    • Traballo colaborativo e participativo
    • Entendemento claro e fluido
    • Traballo por e para os clientes
    • Capacidade e liderado
    • Innovación constante
    • Flexibilidade de adaptación
    • Paixón polo traballo
    • Formación continuada
    • Calidade e excelencia